Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

Master class de squash na nova pista de squash Borja Golán

[23-03-2019] Este venres, 22 de marzo, a Concellaría de Deportes organizou un acto público no anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns para promocionar o deporte do squash na nova pista de squash "Borja Golán Santín". A actividade consistiu nun partido demostración que disputaron o propio Borja Golán (profesional do squash desde 2002, bicampión de Europa e dezaseis veces campión de España), Arón Astray Gómez (medalla de bronce no campionato europeo de seleccións nacionais sub-17 no 2018) e Pascal Gómez Valois (campión galego absoluto no 2016). Tras este partido de demostración, Borja Golán impartiu unha pequena master class a un grupo de alumnos/as.

Participa na actividade “Vente de finde, natureza e surf na praia de Razo”

[23-03-2019] As concellarías de Medio Ambiente e Mocidade organizan unha nova edición do programa “Vente de finde, natureza e surf na praia de Razo”, que este ano se realizará entre os días 26 e 28 de abril. O prazo de inscrición comeza este mércores, 27 de marzo, e nela poderán anotarse un total de 30 mozos/as entre os 13 e os 18 anos. Para que se realice dita actividade será necesario acadar un mínimo de 15 inscritos. O custe da actividade é de 80 euros, que inclúe os gastos de desprazamento, o custe das actividades que se van desenvolver e o aloxamento en réxime de pensión completa. A cea da primeira noite non está incluída no prezo, polo que deberá levarse da casa. O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de abril. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición nesta actividade.

O XI Certame Artístico-Literario Intercentros céntrase en como será Galicia no ano 2050

[22-03-2019] O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a décimo primeira edición do Certame Artístico-Literario Intercentros. Na convocatoria poderán participar as nenas e nenos dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria escolarizados en centros amesáns. Os traballos, relatos ou poemas ilustrados poderán presentarse de xeito individual ou por parellas ata o 3 de maio, e deberan tratar sobre como lles gustaría aos rapaces e rapazas que fose Galicia no ano 2050. Os premios entregaranse, coincidindo co acto de celebración do Día das Letras Galegas, o 16 de maio no Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do certame.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 

Vídeo explicativo sobre o desfibrilador DOC


Ver máis


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925