Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

A Aula CeMIT de Ames ofrece unha ampla oferta de actividades para todas as idades durante os meses de xuño e xullo

[25-05-2019] A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de cara aos meses de xuño e xullo, coa vista posta nas vacacións escolares. Así, de cara á estación estival, realizaranse un total de doce cursos, entre os que non faltarán os esperados cursos de verán para a rapazada ou os obradoiros de nivel medio para adultos, centrados en cuestións como a rede, o móbil, o traballo colaborativo e o correo electrónico. A programación tamén incluirá un ciclo de empregabilidade, exames EMA e unha videoconferencia sobre compras e contratacións a distancia. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.

Unha vintena de persoas completaron o curso organizado pola OMIX de Ames “English Today”

[25-05-2019] Este xoves, 23 de maio, chegou ao seu fin unha nova edición do curso “English Today” organizado pola Concellaría de Mocidade como aposta pola formación das mozas e mozos do concello en linguas. A actividade, encadrada dentro do programa de formación xuvenil da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), buscou ofrecerlle ás e aos asistentes unha aprendizaxe práctica do inglés para o día día, destinada á comprensión e expresión do inglés empregado en contextos e situacións cotiás como unha entrevista de traballo, unha viaxe ou unha consulta médica. Neste curso, que tivo unha duración de catro meses, completáronse as 20 prazas ofertadas.

O Concello de Ames aproba o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía

[24-05-2019] A Xunta de Goberno Local aprobou este venres, 24 de maio, o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía, que conta cun orzamento de execución por contrata de 454.580,82 euros. Este proxecto, incluído dentro do Orzamento municipal de 2019, será sufragado con fondos propios do Concello de Ames. O pasado 9 de maio a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informou favorablemente sobre a solicitude de autorización presentada polo Concello de Ames o 26 de abril de 2019 do proxecto desta infraestrutura. O obxectivo é ampliar as prazas do servizo municipal de comedor escolar.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 

Obradoiro de lingua e cultura galega. En galego, co teu acento 2013


Ver máis


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925