Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

O Concello de Ames aproba o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía

[24-05-2019] A Xunta de Goberno Local aprobou este venres, 24 de maio, o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía, que conta cun orzamento de execución por contrata de 454.580,82 euros. Este proxecto, incluído dentro do Orzamento municipal de 2019, será sufragado con fondos propios do Concello de Ames. O pasado 9 de maio a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional informou favorablemente sobre a solicitude de autorización presentada polo Concello de Ames o 26 de abril de 2019 do proxecto desta infraestrutura. O obxectivo é ampliar as prazas do servizo municipal de comedor escolar.

O Concello de Ames recibe unha axuda de preto de 70.000 euros para a mellora do viario de acceso ao polígono do Milladoiro dende a estrada Ventín-Coira

[24-05-2019] O Concello de Ames vén de recibir a resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se lle concede unha subvención para a habilitación e mellora de infraestruturas do parque empresarial do Milladoiro. Deste xeito, concédese unha axuda de 68.593,43 euros, para a mellora do viario de acceso ao polígono industrial do Milladoiro dende a estrada Ventín-Coira. O importe total desta actuación ascende a 85.741,79 euros, polo que o importe subvencionado é do 80%, mentres que o 20% restante será sufragado polo Concello.

Os cativos e cativas da EIM O Bosque convértense en expertos en seguridade viaria

[24-05-2019] A seguridade viaria foi o tema central durante a primeira quincena de maio na escola infantil municipal O Bosque. Por elo, as cativas e cativos da escola realizaron distintas actividades para coñecer a fondo esta temática, e mesmo deseñaron o seu propio circuíto para poñer en práctica todo o aprendido sobre sinais, medidas de seguridade e prioridades. O bloque rematou coa visita da Policía Local de Ames.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 

Contra Os Elementos FUTURO (extra)


Ver máis


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925