Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

O goberno municipal mantén unha nova xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria para falar de políticas activas de emprego

[11-12-2018] O alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, e o Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, mantiveron unha xuntanza este luns, 10 de decembro, co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, co obxectivo de falar das políticas activas de emprego que se están desenvolvendo no Concello de Ames e da previsión de novas convocatorias que vai facer a Xunta de Galicia de obradoiros de emprego, programas integrados de emprego, proxectos de fomento do emprego no ámbito forestal e novas vías de colaboración nos ámbitos do emprendemento e fomento do espírito empresarial.

Ames recolle en Córdoba o Premio Progreso da Federación Andaluza de Municipios e Provincias polo proxecto Concili@mes

[11-12-2018] O Salón de Actos da Deputación de Córdaba acolleu este luns a gala de entrega de premios da XI Edición do Premio Progreso, na que o Concello de Ames foi recoñecido na categoría de educación polos seus programas de conciliación como reclamo poboacional. Ao acto acudiron Luísa Feijóo, Concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e Rosalina Martínez, nutricionista municipal, que foron as encargadas de recoller o galardón.

A Casa do Concello acolle mañá unha charla informativa sobre o programa Vacacións en Paz

[11-12-2018] A través da iniciativa Vacacións en Paz as familias de Ames, ou de calquera concello galego, poden acoller durante os meses de xullo e agosto a nenos e nenas saharauís que viven unha difícil situación nos campamentos de refuxiados de Tindouf, en Alxeria. O Concello de Ames anima a toda a veciñanza interesada en participar do programa a asistir a unha nova reunión que organiza a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A xuntanza terá lugar este mércores, 12 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello. Quen non poida acudir á reunión, pero desexe participar no programa, pode poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello, no número de teléfono 981 377 656.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925