Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Comunicación


COMUNICACIÓN

Radio de Ames

Un dos proxectos máis novidosos do Concello de Ames foi a creación dunha emisora de radio municipal que se está a converter no espello que reflicte a nosa realidade. Esta iniciativa é complementaria doutras actuacións en materia de comunicación, como é o cambio da imaxe corporativa e a posta en marcha do Servizo de Comunicación Externa.

O nome da emisora municipal é Ames Radio e pode sintonizarse en todo o territorio municipal e parte da comarca a través do 107.2 da FM.

Ames Radio ten unha programación deseñada pensando na prestación dun servizo público. A súa grella componse con espazos adicados á información, á música, ao entretemento e á cultura nos que os temas da vida cotiá se traten dunha forma participativa e próxima aos veciños.

A súa programación é a seguinte:

LUNS A VENRES

8:50 a 9:00 Ames matinal
Espazo dedicado a repasar as principais novas de Ames. Este espazo está conducido polo xornalista Juan Luís Silva.

12:00 a 13:30 Magacín Somos Ames
Programa de entretemento conducido por Nazaret López quen, ademais, conta cun nutrido equipo de colaboradores e colaboradoras que permiten ofrecer contidos variados e orientados en moitos casos ao servizo público.

14:30 a 14:40 Informativo mediodía
As novas de Ames contadas dun xeito diferente polos seus protagonistas. Juan Luís Silva é o encargado de poñerlle voz e contido ao principal espazo informativo da emisora.

PROGRAMAS CIDADÁNS

Luns

17:00 a 17:30
Vivirmos nun mundo finito
A Asociación Ames Pospetróleo e o Instituto Resiliencia difunden os problemas derivados do final da enerxía fósil, así como as súas consecuencias para a vida cotiá e o que cada quen pode facer á hora de afrontar esta problemática.

Mércores

17:00 a 17:30
De Museo
Programa conducido por Rosa Martínez, que nace co obxectivo de divulgar o patrimonio histórico e cultural de Ames e de Galicia, facendo fincapé na súa posta en valor.

Xoves

17:00 a 18:00
Tangos de la esquina sur
Daniel Rilo conduce este espazo no que nos achega a música, historia e personaxes máis coñecidas do tango.

21:30 a 22:00 Miradas
Perla Bázquez aborda diferentes técnicas de desenvolvemento persoal, coa finalidade de favorecer o equilibro e o benestar a través de entrevistas e experiencias con profesionais locais.

22:00 a 23:00 Contrapunto
(quincenal)
Miguel Alonso, Óscar Martínez e "Mr.M" difunden neste espazo musical a música feita en Ames e a súa contorna, con axenda semanal de concertos, entrevistas e actuacións en acústico.

Venres

17:00 a 17:30
Ames Network
Encarna García-Vilacoba e Xoel López achegan co seu espazo información acerca das ferramentas 2.0 e das redes sociais orientada, entre outras cousas, á mellora da marca persoal, ao reforzo do emprendemento na internet e ao coñecemento das particularidades e rendemento dos medios dixitais de comunicación e das redes sociais.

17:30 a 18:30 Pais na Onda
Julia Babarro e Lely Vizoso abren a radio ás nais e pais que queiran resolver as súas dúbidas en relación á crianzas das fillas e fillos. Tamén ofrecerá información acerca daquelas actividades municipais que posibiliten o crecemento e o goce en familia.

Reemisión. Todos os programas da cidadanía reemítense o día seguinte ao da súa emisión, a partir das 09:30 horas. No caso dos programas dos venres, poderase escoitar a reemisión os luns.

SÁBADOS E DOMINGOS
Programación musical. Puntualmente emítense actos de carácter municipal.

Contacto

Para contactar coa radio, podes chamar ao 981 890 452 ou enviar un correo electrónico con novas, suxestións e peticións aos seguintes enderezos:

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925