Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Cultura Centros


Centros

Nos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro sitúanse as dúas casas da cultura con maior capacidade de todo o municipio produto das necesidades culturais do seu alto número de habitantes. A descentralización será o instrumento para responder ás demandas, un camiño que permita estender a programación cultural máis alá dos núcleos máis poboados. Quérese tamén favorecer a integración dos habitantes na actividade de creación e difusión cultural.

Casa da Cultura
  • Local sociocultural de Agrón
  • Local sociocultural de Ames
  • Local social de Ames
  • Teleclube de Ameixenda
  • Local sociocultural de Biduído
  • Casa da cultura de Milladoiro
  • Local social de Biduído
  • Centro sociocultural de Bugallido
  • Local social de Covas
  • Teleclube de Lens
  • Casa da Cultura de Bertamiráns
  • Local social (baixo da EU Tarroeira)
  • Teleclube de Piñeiro
  • Local social de Piñeiro
  • Local sociocultural de Tapia
  • Teleclube de Tapia
  • Local sociocultural de Trasmonte

Os auditorios das casa da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen numerosas actividades ao longo de todo o ano. O auditorio da casa da Cultura de Bertamiráns conta cun aforo de 216 butacas, mentres que no auditorio da casa da cultura do Milladoiro caben 146 persoas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre a planta e as características dos escenarios das casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, poderás obter o plano de luces destes dous auditorios.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925