Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Cultura Escola municipal de...


Escola municipal de música de Ames

A Escola municipal de música de Ames nace como un proxecto educativo integrador, dirixido a todas as idades a partir dos catro anos, que abrangue diversas especialidades e que vai promover toda clase de música: clásica, popular, moderna...

Escola municipal de música de Ames

Folleto Escola municipal de música de Ames A actividade musical ademais de ter un compoñente lúdico e de ocio, encerra un importante valor formativo. As escolas municipais de música non conceden títulos académicos, os seus obxectivos son fomentar a aprendizaxe musical e o aprezo pola cultura musical.

A Escola municipal de música de Ames nace como un proxecto educativo integrador, dirixido a todas as idades a partir dos catro anos, que abrangue o maior número de especialidades posibles e que vai promover toda clase de música: clásica, popular, moderna... Pretende funcionar como un centro cultural e musical nun sentido amplo que integre clases, audicións, exposicións, concertos, intercambios culturais...

Materias:

Música e movemento.
Dirixida a nenos de 4 a 7 anos. Dúas clases semanais dunha hora de duración.

Práctica instrumental:

Para maiores de 7 anos sen límite de idade. Impártense clases individuais de media hora á semana. Previsión de instrumentos: piano, violín, frauta, saxofón, percusión e guitarra. Tamén se imparten clases de canto moderno. A impartición de todos os instrumentos dependerá do número de matriculados. Só se poderá escoller un instrumento.

Linguaxe musical (solfexo):

Para maiores de 7 anos sen límite de idade. Unha clase semanal dunha hora de duración.

Lugar:

Centro multiusos de Aldea Nova.

Información:

Para obter máis información poden poñerse en contacto coa oficina da Escola de Música no Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:00 horas, chamando ao número de teléfono 981535940 (extensión 3031) ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925