Inicio
Áreas
Deportes
Instalacións
Instalacións
Ames dispón de numerosas instalacións para a práctica de diversas modalidades deportivas que lle permiten a súa utilización aos interesados, ao poder faceren uso como particulares ou como asociados a clubs e colectivos. Boa parte destes espazos son de xestión pública e outros dependen de entidades privadas.

Hai pistas polideportivas en numerosos núcleos de poboación, para a práctica de tenis, de baloncesto, voleibol, balonmán ou fútbol-sala. Existen dous complexos deportivos municipais en Bertamiráns e Milladoiro que centralizan unha gran parte das actividades deportivas programadas.
Unha das instalacións máis solicitadas polos veciños é o Centro deportivo A Telleira, xestionado pola empresa Serviocio, Cultura, Deporte y Recreación SL. A piscina conta cun vaso con capacidade para 104 usuarios, unha grande sala de fitness, dúas saunas, vestiarios e outros servizos. Os interesados deben inscribirse nas instalacións e teñen á súa disposición
un correo electrónico para se informar.
Disponse tamén de piscinas ao aire libre en Milladoiro, Bertamiráns e en Tapia. As instalacións públicas non municipais son pistas polideportivas dos centros de ensino; salas cubertas; campos polideportivos; un circuíto de atletismo e diversos espazos destinados ao deporte dependentes de entidades privadas.
Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os horarios e as tarifas que se aplican no Centro deportivo A Telleira, así como os horarios dos pavillóns polideportivos de Bertamiráns e do Milladoiro.