Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Educación Servizos educativos


Servizos educativos

A Concellaría de Educación asumiu a xestión directa das escolas infantís municipais e impulsou a xestión de comedores escolares. Realiza tamén un importante esforzo para a mellora das infraestruturas dos centros educativos e vela polo cumprimento do consello escolar municipal.

Impulso aos comedores escolares

Colexio A xestión dos comedores escolares é unha aposta do Goberno municipal co fin de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. Crearase unha comisión coas partes implicadas e elaborarase un regulamento de funcionamento. O Concello impulsou a xestión de comedores escolares que contribúen a fomentar a adquisición de hábitos nutricionais e hixiénicos saudables.

Dotacións para as escolas infantís municipais

O Concello de Ames asumiu a xestión directa das escolas infantís municipais. Realizouse unha intervención en infraestruturas con reformas de ampliación para construír tres novas aulas e adaptáronse o patio e o valado á normativa europea de seguridade. As escolas infantís dotáronse tamén de material escolar e asumiuse dende o concello a contratación do persoal, pasando de interinos á consolidación de emprego. Ademais, asumiuse a municipalización da gardería de Teiraboa, situada no Milladoiro.

Mellora das infraestruturas dos centros de ensino

O orzamento municipal inclúe partidas destinadas ao adecementamento e reforma dos centros educativos. Entre outras actuacións, pódense sinalar a creación de patios cubertos en Ventín e Barouta (300.000 euros) e o acondicionamento do comedor de Ventín e das escolas unitarias.

Seguimento do consello escolar municipal

O regulamento do consello escolar municipal recollerá un mapa co fin de priorizar as demandas e realizar un estudo das necesidades.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925