Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Medioambiente Análise da calidade...


Análise da calidade das augas

auga Na actualidade, realízase unha análise das fontes públicas para determinar a calidade da auga. A elaboración dun inventario de recursos hídricos do Concello de Ames, prevista para 2005, contempla a catalogación de ríos, regatos e augas soterradas.

Efectúanse analises periódicas para determinar a calidade da auga que consomen os veciños mediante tomas de mostras e procedementos analíticos que foron realizados seguindo a nova normativa sobre o particular desenvolvida no Real Decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade de auga de consumo.

As análises completas son realizadas polo laboratorio do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias dependentes da Universidade de Santiago de Compostela.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925