Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Medioambiente Dotación de recursos...


Dotación de recursos técnicos e humanos

A Concellaría de Medio Ambiente conta con persoal para a posta en marcha de novos proxectos.

Desta concellaría forma parte un equipo de técnicos e persoal especializado tanto na xestión ambiental como no desenvolvemento de traballos relacionados coa conservación da natureza. En canto á dotación de infraestruturas mellorouse a rede de hidrantes mediante un convenio, sen custe para o concello, asinado co distrito forestal de Ordes.

Ademais, a brigada de garda ambiental conta cun vehículo todoterreo e tamén con maquinaria forestal e agrícola que lle permiten levar a cabo actuacións preventivas contra os incendios e tamén tarefas de acondicionamento do contorno natural.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925