Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Medioambiente Promoción de rotas e...


Promoción de rotas e sendas verdes

Sendeiro Crearase un plano de recuperación dos camiños tradicionais e de novos roteiros. Dentro dos programas das "Rotas da auga" e do Proder, encetarase a recuperación a curto prazo da rota de Bertamiráns a Augapesada pola beira do río.

Proxecto de adecuación das sendas naturais nas marxes do río Tambre

O Concello de Ames desenvolve na actualdade un proxecto de adecuación das sendas naturais nas marxes do río Tambre, nas parroquias de Covas, Tapia e Agrón para a posta en valor dos seus recursos naturais, etnográficos e de ocio.

Coidado da contorna natural

Estableceuse un plano de recuperación e mantemento das fincas rurais de titularidade municipal, principiado en Finca da Pena, na parroquia de Trasmonte. Estes traballos desenvolveraos unha brigada da garda rural, en colaboración coas brigadas de obras e contraincendios.

Deseñouse un plano de repoboación forestal con concesión de subvencións a particulares para o fomento de plantacións de especies axeitadas ao contorno ambiental, de cara a concienciar os cidadáns sobre a necesidade de dotar de novas árbores que enriquezan o valor paisaxístico das zonas verdes de Ames. Ademais, prevese o deseño dun proxecto de humanización das avenidas Rosalía de Castro e Amaía que contemple a plantación de árbores.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925