Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Medioambiente Residuos


Residuos

Contenedores A aposta de forma decidida pola compostaxe como método de eliminación e redución de residuos pasa pola entrada en funcionamento dun programa integral do servizo de recollida e tratamento do lixo, viable dende o punto de vista ambiental, económico e xurídico. A contratación dos servizos da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza permitiu que Ames entrase formar parte dun novo xeito de tratar o seu lixo no que a materia orgánica se converte en compost mentres que o resto dos residuos se reciclan na súa maior parte.

Este cambio no sistema de tratamento do lixo acompañouse dun programa de control e eliminación de vertedoiros ilegais. Do seguemento destes puntos encárganse as brigadas de obras, a policía local e, sobre todo, a Brigada de Garda Ambiental, creada no seo da Concellaría de Medio Ambiente. Entre outras funcións que cumpre esta brigada está a de vixiar os cauces dos ríos, manter limpas as zonas de especial sensibilidade ambiental e, ademais, controlar os vertidos de xurros e un plano de análise de augas, así como un proceso de control, tratamento e depuración de augas residuais.

Por outra banda, o Concello de Ames dispón dun servizo de recollida de voluminosos e enseres a domicilio. Para facer uso deste servizo os cidadáns teñen que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925