Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Obras, servizos... Obras


Obras

Saneamento

Obras Para conectar as vivendas particulares ao servizo de saneamento é necesario realizar unha solicitude por escrito dirixida ao concelleiro de Obras, quen lla remite á empresa concesionaria Espina & Delfín onde se elaborará un estudo personalizado para atender a demanda. Dende o concello priorízanse as obras de saneamento en núcleos de poboación xa que é competencia municipal a extensión da rede xeral, mentres que os particulares deben facerse cargo de abonar as acometidas ata as súas vivendas.

Aprobáronse os proxectos de obras de saneamento en núcleos de poboación de Outeiros, Trasmonte, Carballo, Punta Maceira, Eirapedriña e Framán, mentres que en Trasmonte, Biduído, Casanova e Raíces están en proceso de estudo.

Asfaltado de estradas e acondicionamento de beirarrúas

Procederase proximamente ao asfaltado de pistas en zonas de Ortoño, Bugallido, Agrón, Oca e Biduído. Ademais, realizaranse obras para a construción de beirarrúas en Covas, Casanova, Biduído e Lombao co obxectivo de favorecer a seguridade viaria e de eliminar as barreiras arquitectónicas mediante rebaixes de bordos en pasos de peóns, entradas de garaxes e espazos particulares.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925