Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Obras, servizos... Parques e xardíns


Parques e xardíns

Parques e xardíns O municipio conta con numerosas e amplas zonas verdes cunha superficie próxima aos 168.000 metros cadrados de superficie. Nelas, os veciños e visitantes poden atopar o lugar de descanso e esparcemento desexado ben sexa preto do río Tambre, praia fluvial de Tapia ou en pleno núcleo urbano como o Paseo Fluvial de Bertamiráns. Pode consultar a superficie das zonas verdes en formato pdf.

Praia fluvial de Tapia

Esta zona de esparcemento destaca especialmente pola cantidade de servizos que dispón que a colocan entre unha das áreas recreativas máis equipadas do contorno de Santiago de Compostela. A seguridade está garantida por un equipo de socorristas da Cruz Vermella. Conta con piscina, amplo aparcadoiro, un muíño, barbacoas, mesas e bancos de pedra, unha extensa zona verde, baños públicos, duchas, vestiarios e un bar con terraza. En total, son preto de 21.000 metros cadrados acondicionados para tomar o sol, descansar, perder a noción do tempo ou facer piraguismo mentras se escoita o rumor da auga.

Pontemaceira

Preto da praia de Tapia está outra das zonas verdes máis importantes do concello. No límite dos concellos de Ames e Negreira, pódese atopar unha ponte medieval de base romana que é empregada polos peregrinos no seu camiño a Fisterra. Tamén conta con muíños restaurados.

Paseo fluvial de Bertamiráns

O Paseo fluvial de Bertamiráns é a zona verde por autonomasia de todo aquel que viva ou que estea de paso por esta localidade. Un entremado de pontes, sendeiros e xardíns que se ditribúen nos seus 44.000 metros cadrados en pleno núcleo urbano.

Trátase dunha zona axardinada á beira do río formada por pradeiras arboradas de pendente mínima combinada con taludes. Un carril bici e camiños pavimentados percorren paralelos ás marxes.

Entre as especies arbóreas que se poden atopar destacan os 84 ameneiros (Alnus glutinosa e Alnus cordata), 11 salgueiros (Salix alba), 11 carpes (Carpins betulus), 27 carballos (Quercus robur), 8 tulipero de Virginia (Liriodendron tulipifera), 15 bidueiros (Betula pendula), 10 pradairos (Acer pseudoplatanus) e 10 liquidámbar (Liquidambar styracuflua).

Pazo da Peregrina

Os xardíns do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, teñen un deseño tradicional con dúas zonas diferenciadas. Unha zona de xardín clásico, composta por un estanque e parterres de macizos encespedados e rosaledas rodeados perimetralmente por setos de buxo, e unha zona de pradeira arborada con algún macizo arbustivo. Todo o xardín percórrese mediante camiños de xabre que unen os diferentes espazos. En total, son 11.700 metros cadrados, dos que 9.500 metros cadrados son zonas verdes.

Parques infantís

Na actualidade, o Concello conta con 24 parques infantís. Co fin de que estas zonas nas que os nenos e nenas máis pequenos poidan disfrutar dunhas áreas de xogo modernas e seguras, a Concellaría de Servizos Básicos, Parques e Xardíns sacou a concurso a adecuación destas a normativa europea por un importe total de 800.000€. Nestes momentos 6 empresas presentaron as súas ofertas que se están a analizar.

Os novos parques non só modificarán os seus xogos para adaptalos a normativa senón que moitos deles terán importantes melloras en luminarias, peches e outros elementos. Neste concurso inclúense a adecuación de 23 parques infantís así como a creación de algún novo como pode ser o caso do da Praza Manuel Murguía en O Milladoiro.

O Concello de Ames ten 23 parques infantís:

  • Parque infantil de Biduído
  • Milladoiro Piscinas
  • Milladoiro Estivada de Castelao
  • Milladoiro Praza Nova (Sanma)
  • Milladoiro Estación de Bombeo
  • Bertamiráns Condomiña
  • Bertamiráns Prza Chavián
  • Aldea Nova
  • Escola infantil de Guimaráns
  • Colexio de Ventín
  • Parque de Piñeiro
  • Parque de Covas
  • Parque de Castiñeiro do Lobo
  • Parque estrada de Lapido
  • Parque infantil de Ventín
  • Parque urbanización As Mimosas
  • Escola infantil de Trasmonte
  • Escola infantil de Agrón
  • Colexio de Barouta
  • Escola infantil de Cerdeiras
  • Parque Augapesada
  • Escola Outan de Covas
  • Escola infantil de Tarroeira

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925