Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Promoción económica Asesoría a empresas e...


Asesoría a empresas e cursos de formación

O Concello de Ames ofrece un servizo de asesoramento a iniciativas empresariais e de autoemprego, iniciativas de fomento do emprego. Conta con programas europeos, estatais e autonómicos de desenvolvemento e imparte cursos de formación e inserción laboral.

Dispón dun servizo de información dos programas europeos, estatais e autonómicos de desenvolvemento e fomenta a inserción laboral dos grupos con meirandes dificultades para atopar traballo.

No ámbito da promoción económica e empresarial facilita información e asesoramento a todas as persoas que desexan crear empresas no tocante á elaboración do plan de empresa, ás axudas e subvencións, asesoramento sobre os trámites de constitución e aspectos xurídicos e fiscais. Ademais, este departamento tamén creou unha Guía de Empresas de Ames que é unha auténtica radiografía da realidade empresarial municipal. Trátase dunha ferramenta web que se actualiza constantemente e na que se poden atopar datos e a situación exacta dun milleiro de empresas e comercios.

A formación, tanto para os traballadores desempregados como para os que están en activo, é un eixo clave na política de emprego, desta importancia dan conta os esforzos realizados para acadar un Centro de Formación Municipal na zona de Aldea Nova que funcione tamén como viveiro de empresas, ou a homologación da Casa da Cultura de Milladoiro como Centro de formación ocupacional de especialidades do Plan FIP.

Accións formativas 2005-2006:

Curso de Axente de Desenvolvemento Turístico. Plan FIP
Curso de Aplicacións Informáticas de Xestión. Plan FIP
Curso de técnicas de busqueda de emprego para inmigrantes e emigrantes.
Cursos de manipulador de alimentos.
Curso de aplicador de productos fitosanitarios
Curso de Atención de Maiores con especiais dificultades.
Curso de ximnasia pasiva.
Obradoiro de Emprego "Cemiterio Municipal de Ames II"

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925