Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Promoción económica Iniciativas da...


Iniciativas da Axencia de Desenvolvemento Local

Desenvolvemento A Axencia de Desenvolvemento Local promove programas propios e cofinanciados de ámbito provincial, autonómico e europeo que atenden ao fomento do emprego e ao desenvolvemento dos recursos endóxenos do Concello, prestándolles aos cidadáns servizos de información, asistencia técnica e formación dirixidos a promover iniciativas de promoción económica local.

Na actualidade ten en marcha, entre outros, os seguintes programas, en colaboración con concellos da comarca:

  • Iniciativa comunitaria Equal "Compostela Social".
  • Programa PRODER II "Sar-Ulla"
  • Agricultura Sostible.
  • Guía de empresas de Ames
  • Traslatio I e II, Iniciativa comunitaria Interreg III.
Na área específica de promoción do emprego participa das políticas activas de emprego, mediante os Programas de Cooperación Local, Escolas Obradoiro, Obradoiros de Emprego. Dende o ano 2005, execútanse programas de formación do Plan FIP ademais de cursos de formación específica propios. Neste eido considera fundamental a orientación e o asesoramento laboral aos desempregados.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925