Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Promoción económica Iniciativas de...


Iniciativas de promoción do comercio

Desenvolvemento Convócanse axudas anuais para as asociacións de comerciantes e empresarios existentes en Ames. Desenvólvense proxectos estratéxicos de promoción das zonas comerciais, mellorando infraestruturas, iluminación ou puntos de información.

Organízanse campañas de promoción de consumo no pequeno e mediano comercio, específicas para determinadas datas, como unha aposta que afianza o desenvolvemento económico.

A campaña de apoio do comercio local durante a tempada de Nadal consiste na instalación de iluminación para animar as rúas e outros espazos públicos nos que se localizan as principais zonas onde están situados os establecementos comerciais. Participouse tamén na organización da Expoliquidación, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Bertamiráns. Ademais, desde o Nadal de 2006, este departamento tamén convoca un concurso de escaparatismo que tenta promover o engalanamento dos comercios para potenciar o seu atractivo de cara ao consumidor ou consumidora.

Outra iniciativa baséase na distribución de bolsas para transportar os produtos adquiridos co fin de ofrecer unha imaxe común e de fomentar a compra no comercio local, para favorecer o seu desenvolvemento económico dende accións cotiás.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925