Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Servizos sociais e... Atención á muller


Equipo de atención á muller

Muller e nena sentadas de costas nun banco Profesionais especializados ofrecen asesoramento, realizan o diagnóstico da situación familiar e fan un seguimento personalizado, dende distintos ámbitos, para intentar solventar os problemas das usuarias deste servizo.

Actuacións

  • Atender e dar orientación social, xurídica e sicolóxica á muller que padece especiais dificultades como malos tratos, violacións, agresións sexuais...
  • Facer o diagnóstico da súa situación e facilitar, cuando sexa preciso, o acceso aos recursos especializados (casa de acollida para mulleres maltratadas ou outros aloxamentos alternativos)
  • Sensibilizar e concienciar a sociedade da incidencia destas problemáticas e mellorar o seu tratamento colectivo.
  • Facer o seguimento, de forma coordinada, entre todos os profesionais do equipo.
  • Outros trámites:
               - Ruptura matrimonial
               - Garda e custodia de menores
               - Pensións alimenticias r compensatorias
               - Parellas de feito
               - Bens e liquidacións do réxime económico matrimonial
               - Malos tratos. Orde de protección. Axudas económicas
               - Abusos sexuais
               - Petición de xustiza gratuíta

Profesionais

Dous traballadores sociais e dúas auxiliares administrativas:
- Bertamiráns: luns, martes e xoves de 10:00 a 14:00 horas
- Milladoiro: luns, martes e xoves de 10:00 a 14:00 horas
Unha asesora xurídica:
- Bertamiráns: venres de 9:00 a 14:00
- Milladoiro: luns e mércores de 9:00 a 14:00
Unha sicóloga:
- Bertamiráns: luns de 9:00 a 14:00
- Milladoiro: martes e mércores de 9:00 a 14:00

Localización

UTS Bertamiráns Centro sociocultural de xuventude e terceira idade
Praza de Chavián s/n
Teléfono: 981 890 964
Fax: 981 890 982
servicios_sociais@concellodeames.org

UTS Milladoiro Centro sociocultural
Travesía do Porto s/n
Teléfono: 981 535 941
Fax: 981 535 942
servicios_sociais@concellodeames.org

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925