Inicio
Áreas
Turismo e patrimonio
Turismo e Patrimonio
Ames quere poñer en valor a súa riqueza paisaxística e cultural mediante un modelo de turismo sustentable que pretende dar a coñecer as pezas do seu patrimonio, os roteiros á beira do río, os espazos naturais e unha variada oferta gastronómica e hostaleira.
Dende a Área de Turismo promociónase o Concello de Ames como lugar idóneo para visitar, debido ao seu enclave estratéxico nas proximidades de Santiago de Compostela, con recursos que singularizan a estancia en casas rurais ou hoteis, compaxinando visitas culturais con actividades de descanso e lecer ao aire libre, nun contorno con vestixios arqueolóxicos de máis de 5.000 anos de antigüidade e no que deixaron a súa impronta as culturas romana e medieval.
A oferta cultural compleméntase cun amplo programa de espectáculos e ciclos de música, cine e teatro. Hípica, sendeirismo, piragüismo e deportes de aventura son outras opcións para os amantes do deporte. Tamén hai posibilidade de achegarse ás tendas de artesanía, productos rexionais ou adquirir calquera mercadoría nos numerosos establecementos das zonas comerciais, que atraen a visitantes para realizar as súas compras pola relación calidade/prezo.
Se queren poñerse en
contacto co departamento de turismo poden chamar ao número de teléfono 662 371 080 ou enviar un correo electrónico ao enderezo
turismo@concellodeames.org
Rutas
As rutas serven para dar a coñecer o contorno natural e o patrimonio etnográfico co fin de fomentar o respecto cara o medio, ademais de protexer a flora e a fauna, polo que non está permitido prender lume, deixar as cancelas de acceso ás fincas abertas, atravesar muros e valados, deixar lixo, asustar o gando, lixar fontes e regatos, facer ruídos innecesarios ou levar cans soltos.
Máis información >>
Mapas

Para que poidas moverte mellor polo
territorio de Ames na procura de todos estes espazos poñemos á túa disposición mapas e rueiros.
Máis información >>
Aloxamento

Ames dispón dunha diversificada oferta de casas de
turismo rural e hoteis que convidan os visitantes a coñecer a zona.
Máis información >>
Arquitectura popular

Cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes, lavadoiros e muíños constitúen unha parte destacada da
arquitectura popular, da que Ames ten numerosas representacións.
Máis información >>
Arquitectura relixiosa

As
capelas e igrexas érguense próximas aos núcleos de poboación. Entre as igrexas do municipio predominan as que presentan características arquitectónicas propias dos estilos barroco e neoclásico.
Máis información >>
Arquitectura civil

Os pazos conforman un conxunto de inmobles propios da
arquitectura tradicional galega. Algunhas das pontes tamén son sobranceiras construcións.
Máis información >>