Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Xuventude Asociacionismo


ASOCIATE!!

Quérese fomentar a existencia de mozos e mozas máis participativos na sociedade actual. Que sexan capaces de unirse para levar adiante proxectos cunha finalidade común: cultural, educativo, reivindicativo, de ocio...

Ao asociárense os mozos logran as vantaxes de ter algo en común, algo que para unha persoa sería difícil de conseguir, pero apoiada por outras pode telo e conservalo. En definitiva, as vantaxes dun grupo de amigas e amigos, pero organizado arredor dunha finalidade común.

A intención ao difundir a información é que todas esas ideas poidan tomar forma na creación dunha asociación que poida expresar as inquedanzas xuvenís que dos mozos e mozas do concello.

¿QUE TES QUE FACER PARA ASOCIARTE?

TRAMITES COA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA


1. Solicitude de inscrición da asociación, na que conste: 1.1) Identificación do solicitante, sinatura, NIF e cargo que ocupa na asociación. 1.2) Identificación da asociación, denominación, enderezo (incluído no seu caso o de internet) e CIF. No caso de non achega-lo CIF na solicitude, unha vez obtido remitirase unha copia ó Rexistro de Asociacións para a súa constancia. 1.3) Descrición da documentación que xunta e petición que se formula. 1.3.1.) Nas asociacións de ámbito provincial: Dirixida ó Delegado/a Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da provincia correspondente, asinada pola persoa designada para tal efecto na acta da asemblea extraordinaria ou polo representante da asociación segundo os estatutos. 1.3.2.) Nas asociacións de carácter autonómico: A instancia dirixirase á Directora Xeral de Interior, asinada pola persoa designada para tal efecto na acta da asemblea extraordinaria ou polo representante da asociación segundo os estatutos.
(Ver o "Modelo de inscrición" nas descargas)

2. Acta fundacional por duplicado exemplar na que se identifica a tódolos promotores e se especifica o lugar e data do seu outorgamento. Na acta débense recoller as sinaturas orixinais de tódolos promotores, debe figurar a súa vontade de constituír a asociación e desígnanse os membros dos órganos provisorios de goberno.
(Ver o "Modelo de Acta Fundacional" nas descargas)  3. Dous exemplares dos estatutos asinados en tódalas follas con sinaturas orixinais dos promotores.
(Ver o "Modelo de Estatutos" nas descargas) 

4. Documentación acreditativa da personalidade:. 4.1.) Se os promotores son persoas físicas deberán remitir copia do DNI. 4.2.) Se son persoas xurídicas certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a asociación e formar parte dela así como a designación da persoa física que a representará (quen tamén deberá acredita-la súa identidade coa remisión da copia do DNI). As persoas xurídicas acreditarán a súa existencia presentando copia compulsada da escritura pública de constitución ou documento constitutivo co xustificante da súa inscrición no correspondente rexistro.

5 Taxa. Segundo a lexislación orzamentaria vixente.


Despois destes pasos daranse por rematados os trámites coa administración autonómica e poderás darte de alta no rexistro municipal de asociacións. (Ver o "Formulario de solicitude inscrición" nas descargas) Ten unha morea de vantaxes a inscrición da asociación no Rexistro Municipal, xa que contas cunha liña de axudas á que podes acollerte, para desenvolver actividades, viaxes, cursos, etc., así como solicitar colaboración municipal para calquera proxecto que teñas en mente, etc.


Recorda que a unión,… fai a forza. 
Achégate pola OMIX, informarémosche de todos os pasos necesarios para constituír a túa propia asociación e apoiarémoste en todo o proceso.





Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925