Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Xuventude Carné Xove


CARNÉ XOVE EURO <30

¿QUEN PODE SOLICITALO?

Tódolos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ámbolos dous inclusive.

¿PARA QUE SERVE? ¿QUE VANTAXES TEN?

Facilita o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes en tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, ensino, etc. É dicir, poderás usalo para facer as compras en diferentes establecementos (tendas de moda, perruquerías, dentistas, xoierías, etc), así como para desprazarte, ir ao cine ou de museos, etc. Poderás usalo tanto no territorio nacional coma nos 40 países europeos nos que o Carné Xove <30 está implantado.

Terás un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para facer fronte ós imprevistos que poidan xurdir nas viaxes. Disporás doutras prestacións, entre as que destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozos/as galegos. Pódese usar naqueles establecementos e servizos que figuran na guía Carné xove euro <30, que podes consultar en:


¿QUE HAI QUE FACER PARA OBTELO?

Para expedirche o teu Carné Xove é preciso achegarte á OMIX de Ames para presentar o DNI e cubrir o impreso de solicitude e o impreso de pagamento de seis euros. Este carné ten unha validez de dous anos contados a partires da data de expedición. Se o prefires podes descargar o impreso de solicitude no seguinte enlace, cubrilo e achegalo por duplicado á OMIX de Ames.



carné xove





OUTROS CARNÉS PARA A MOCIDADE

Tamén podes dispoñer doutros carnés:


CARNÉ ALBERGUISTA

FINALIDADE 
Dá dereito ó uso de albergues xuvenís de España (REAJ) e en países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF).

DESTINATARIOS 
Existen cinco modalidades:
  • Xuvenil, 14-30 anos, custo 5 €.
  • Adulto, de 30 anos en adiante, custo 12 €.
  • Familiar, familias con fillos menores de 14 anos, custo 24 € (axuntando fotocopia do libro de familia).
  • Grupo, dende 10 persoas menores de 30 anos, custo 15 €. Válido en España. (As asociacións xuvenís censadas no censo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poden obtelo gratuitamente).
  • Internacional para estranxeiros sen residencia en España.
EXPEDICIÓN 
No Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas Delegacións Provinciais de Benestar e nos Servizos de Xuventude de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. Estes carnés tamén se poden obter nos Albergues da rede REAJ. 

VALIDEZ
A validez é dun ano. Con estes carnés entrégase de maneira gratuita unha guía de albergues de España.


CARNÉ ISCIC

FINALIDADE 
Serve para obter descontos nos transportes públicos das cidades dos países estranxeiros que visitedes, tamén ten descontos nos Museos Públicos, comedores universitarios, etc. Na páxina web www.isic.org pódense atopar descontos por países e cidades. 

DESTINATARIOS 
Estudantes maiores de 12 anos.

EXPEDICIÓN 
Emítese no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas Delegacións Provinciais de Benestar e nos Servizos de Xuventude de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. 

REQUISITOS 
Presentar o DNI ou pasaporte. Fotografía tamaño carné. Os maiores de 16 anos deben acreditar a matrícula ou carné de estudante universitario. A súa vixencia é dun curso académico.

CARNÉ XOVE INTERNACIONAL (IYTC)

FINALIDADE 
Ten prestacións similares ós carnés (ISIC) e (ITIC), ten descontos en viaxes, aloxamentos, museos, etc… 

DESTINATARIOS 
Para mozos e mozas menores de 26 anos e que non acrediten ser estudantes. 

EXPEDICIÓN 
Emítese no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas Delegacións Provinciais de Benestar e nos Servizos de Xuventude de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. 

REQUISITOS
Presentar o DNI ou pasaporte e unha fotografía tamaño carné. O custo é de 6 € e a vixencia é a do ano académico.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925