Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Xuventude Que é a OMIX


Que é a OMIX

A OMIX é a Oficina Municipal de Información Xuvenil, un servizo dirixido á mocidade, que:

Funciona como un recurso e un instrumento municipal de información, consulta e asesoramento para os/as xóvenes, en cuestións de:
  • Ocio e tempo libre
  • Premios e concursos
  • Convocatorias
  • Cursos e formación
  • Axudas e bolsas
  • Vivenda 
  • Voluntariado e asociacionismo
  • Campamentos e campos traballo…

Na oficina poñemos á túa disposición toda esta información de interese xuvenil para que a poidas consultar, tamén podes obter o carné xove así como participar nos programas tanto municipais como doutros organismos públicos para a mocidade. INFÓRMATE!!
 

Planifica e organiza actividades para a promoción e dinamización da poboación máis nova do concello, como cursos de formación, actividades de lecer, etc. PARTICIPA!! A OMIX, ademais, é unha ferramenta para o desenvolvemento da mocidade, o motor de transformación e impulso das súas inquedanzas, intereses e dúbidas. A OMIX de Ames quere ser o vehículo das túas suxerencias e demandas,…
ÚSAA COMO CANLE DE EXPRESIÓN!! A OMIX traballa en coordinación con outros departamentos e/ou servizos municipais como son:  servizos sociais, cultura, educación, ... para ofrecer un bo servizo. Ademais forma parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.     

ESTAMOS EN...

  • OMIX
    Casa do Concello, praza do Concello, número 2
    15220 Bertamiráns
    Teléfono: 616 083 229

    Os luns, mércores e xoves en horario de atención ao público de 09:00 h a 14:00 horas.


  • PIX
    Casa da Cultura do Milladoiro. 
    Travesía do Porto s/n
    15895 Milladoiro
    Teléfono: 616 083 229

    Os martes e venres en horario de atención ao público de 09:00 h a 14:00 horas.

Correo electrónico: omix@concellodeames.gal. Búscanos en Facebook.




Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925