Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Observatorio de...


Observatorio de Educación do Concello de Ames

[28-07-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, informa do mapa de necesidades educativas, que foi elaborado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Esta é a primeira actuación que se contempla dentro do Observatorio de Educación que creou o goberno municipal para dispor do devandito mapa e dunha ferramenta de participación da comunidade educativa. Este Observatorio é un proxecto pioneiro, o primeiro en Galicia, de información e participación veciñal no ámbito educativo.

O Observatorio de Educación de Ames pretende ser un instrumento que reúna a información necesaria para crear unha xestión máis eficiente e efectiva do sistema educativo do concello de Ames. Trátase dunha base de datos dixital, formada por indicadores importantes para a análise dos recursos existentes de apoio á educación, e que permitirá a identificación das necesidades tanto da poboación coma dos centros.

A través deste traballo preténdese reflectir a realidade educativa do concello de Ames, utilizando ferramentas académicas. O obxectivo deste Observatorio é achegarse polo miúdo á realidade educativa do concello de Ames, ver cales son os problemas que se lle presentan en canto á capacidade educativa e situación académica da poboación, así como avaliar os servizos prestados.

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste texto poderás obter o Estudo relativo ao diagnóstico integral demográfico e de distribución territorial do Concello de Ames; o Informe definitivo sobre o Perfil socioeconómico e laboral das familias usuarias dos comedores escolares municipais de Ames; o Informe de satisfacción e percepción das escolas unitarias de Ames; e mailo Informe sociolingüístico “A lingua no CEIP Agro do Muíño”.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925