Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Participa,...


Participa, tamén por whatsapp, no espazo "O goberno responde" que emite Ames Radio

[03-04-2017] Os veciños e veciñas que desexen formular as súas inquedanzas ou dúbidas sobre calquera asunto de índole municipal no programa "O goberno responde", poden facelo a partir de agora por whatsapp mediante un texto ou nota de voz enviada ao móbil 662 377 413. A radio municipal, Ames Radio, emite de xeito quincenal o programa "O Goberno responde", na que o alcalde e os membros do goberno responderán ás preguntas e inquedanzas da veciñanza enviadas por whatsapp, chamando ao número de teléfono 981 890 452 ou enviando un correo electrónico ao enderezo radio@concellodeames.gal. Este espazo radiofónico emitirase de xeito quincenal, en horario de 12:00 a 12:30 horas.

Tal e como se aprobou na última xuntanza da Comisión de Traballo da Radio Municipal, celebrada no pasado mes de novembro de 2016, en relación á nova programación, no mes de xaneiro de 2017, comezou a emitirse o programa O Goberno responde, na que o alcalde e membros do goberno responden ás preguntas e inquedanzas da veciñanza tanto por teléfono 981 890 452 como enviando un correo electrónico ao enderezo radio@concellodeames.gal. Unha nova opción que se lle ofrece á veciñanza amesá é enviar un whatsapp (texto ou nota de voz) ao móbil 662 377 413.

Asemade, no mes de xaneiro tamén comezou a emitirse na radio municipal os Espazos Políticos, que se desenvolven de luns a xoves, en horario de 12:00 a 12:30 horas. A maneira de enfocar este espazo (participantes, contidos, estilo...) é responsabilidade exclusiva de cada grupo político municipal, aínda que cumpre acordar co persoal da radio os aspectos técnicos coa debida antelación. A quenda de intervencións nos Espazos Políticos é sempre a mesma, tendo en conta a representación e o número de votos acadados nas últimas eleccións municipais por cada un dos grupos políticos municipais.

Con estes cambios na programación, o magazín Somos Ames, emitirase de luns a xoves de 12:30 a 13:30 horas, e os venres de 12:00 a 13:30 horas, co fin de poder abordar todos os eventos e actividades que se desenvolven a fin de semana en Ames. Ademais, a emisora municipal reemite, de luns a venres, os Espazos Políticos, o espazo de O Goberno responde, e a revista informativa Somos Ames, en horario de 20:00 a 21:30 horas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925