Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Abre o prazo de...


Abre o prazo de inscrición para a XVIII Carreira pedestre Concello de Ames

[06-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para a XVIII Carreira pedestre do Concello de Ames, que se desenvolverá pola contorna da localidade de Bertamiráns o vindeiro domingo, 22 de outubro, a partir das 10:30 horas. Contarse cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O percorrido irá dende os 200 metros ata os 10 quilómetros e haberá un total de 11 categorías.

As inscricións de todas as probas realizaranse a través da seguinte ligazón: http://emesports.es/event/xviii-carreira-pedestre-popular-concello-de-ames/. Tamén se poderá realizar de xeito presencial nas tendas deportivas: Deportes Amesport e Deportes Metrópolis. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925