Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Audios das pezas...


Audios das pezas presentadas ao concurso radiofónico de teatro lido de Ames Desata a Lingua!!!

[21-11-2017] A audiencia da radio municipal será a encargada de escoller, entre as pezas emitidas, a obra que obterá o premio do público. Poderase votar ata o próximo 1 de decembro, a través do enderezo de correo electrónico radioteatro@concellodeames.gal ou do número de teléfono 981 890 452.

As pezas presentadas tamén se emitirán en Ames Radio ata vindeiro 30 de novembro, nas seguintes franxas horarias: das 13:30h ás 14:30h e das 19:00 ás 20:00 horas (de luns a venres). No total, entregaranse tres premios dotados con 200 euros cada un. Os outros dous premios serán escollidos por un xurado designado polo Concello de Ames. Así, alén do premio do público, tamén se entregarán os premios ao mellor guión orixinal e ao mellor intérprete. Os galardóns serán anunciados e entregados nunha gala o vindeiro 20 de decembro.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925