Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos O 30 de novembro...


O 30 de novembro pecha o prazo para que a veciñanza presente as súas solicitudes para a concesión de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames

[28-11-2017] O vindeiro xoves, 30 de novembro, remata o prazo para que a veciñanza presente as súas solicitudes para a concesión de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames, que está situado no lugar dos Batáns.

As solicitudes deberán presentarse nalgúns dos rexistros municipais e deberán ir en dous sobre pechados (A e B), coa documentación que se indica no prego de condicións que rexen o proceso. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a documentación necesaria para participar no proceso de licitación. 

Pódese atopar máis información na nova publicada na páxina web sobre o proceso de concesión dos nichos, tumbas, panteóns e columbarios do novo cemiterio municipal.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925