Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Listaxe definitiva de...


Listaxe definitiva de admitidas/os e excluídas/os no Nadal Lúdico 2017

[05-12-2017] O departamento de Educación vén de facer pública a listaxe definitiva de admitidas/os e excluídas/os no Nadal Lúdico 2017. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as listaxes.

Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitida/o a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. Esta lista tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925