Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Listaxes definitivas...


Listaxes definitivas de admitidas/os no Entroido Lúdico 2018

[09-02-2018] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista definitiva de nenas e nenos admitidos no programa de conciliación Entroido Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listaxes do Milladoiro e Bertamiráns. Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, mais pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitida/o a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.

Estas listas tamén se poden consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 12, 13, e 14 de febreiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. No apartado de descargas tamén está dispoñible información adicional sobre a organización das actividades do programa.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925