Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Listaxe definitiva de...


Listaxe definitiva de admitidas/os no programa Primavera Lúdica 2018

[09-03-2018] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista definitiva de admitidas/os no programa Primavera Lúdica. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, en horario de 7:30h a 16:00 horas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listas.



Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925