Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos As formacións...


As formacións musicais de Ames xa se poden inscribir no Censo de Artistas municipal

[12-04-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, vén de crear un Censo de Artistas, co que busca crear unha base de datos actualizada de todos os grupos de música amesáns, de maneira que nun futuro se poidan organizar actividades ou eventos nos que estes participen. Para poder inscribirse, os grupos deberán ter polo menos a metade dos seus compoñentes empadroados no Concello de Ames. O rexistro no Censo será, así mesmo, un requisito indispensable á hora de empregar A Factoría, o novo espazo municipal de locais de ensaio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o formulario de inscrición e a autorización obrigatoria para os menores de idade.

Para rexistrarse no Censo de Artistas, os grupos deberán presentar a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada xunto cunha fotocopia do DNI de cada compoñente. No caso de haber persoas menores de idade nalgún dos grupos, estas deberán entregar asemade un permiso asinado pola súa nai, pai ou responsable legal, acompañada dunha fotocopia do DNI desta persoa.

A documentación deberá ser entregada no Rexistro da Casa do Concello de Bertamiráns ou nas oficinas municipais do Milladoiro. As persoas ou grupos que queiran obter máis información poden contactar coa Concellaría de Educación e Cultura, a través do enderezo de correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.gal. A información tamén pode ser ampliada a través desta nova.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925