Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Participa na xornada...


Participa na xornada sobre mobilidade sustentable en estratexias urbanas que se enmarca dentro do plan Impulsa Ames

[17-04-2018] O Concello de Ames está organizando para o vindeiro mércores, 25 de abril, unha xornada sobre mobilidade sustentable en estratexias urbanas, que se enmarca dentro do plan Impulsa Ames. Este programa está incluído dentro da convocatoria europea de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI), cofinanciando polo programa europeo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020. Impulsa Ames parte dun estudo de necesidades en Bertamiráns e no Milladoiro, dado que a mellora dos espazos urbanos son o principal obxectivo da DUSI. Deste xeito, a través deste plan preténdese facer de Ames un municipio integrador, ben comunicado, sustentable, accesible e no que fique a mocidade facilitándolle ferramentas culturais e de lecer atractivas e fomentando o emprego.

A realización desta xornada sobre mobilidade busca reflexionar e contrastar propostas concretas sobre experiencias vinculadas á mobilidade urbana e á conectividade entre diferentes núcleos de poboación metropolitanos, como é o caso do concello de Ames. A mobilidade sustentable é un dos obxectivos temáticos das estratexias de desenvolvemento urbano de toda Europa, e en Galicia, pola elevada dispersión dos núcleos de poboación, cobra unha especial relevancia. Esta iniciativa de comunicación enmárcase dentro da EDUSI Impulsa Ames, cofinanciada mediante o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020.

Esta xornada de traballo está dirixida, en primeiro lugar, á cidadanía do municipio de Ames, que forma parte da necesaria dinamización e participación social na procura de solucións eficientes e eficaces. En segundo lugar, a xornada está aberta á participación de técnicos urbanísticos, profesionais da mobilidade e arquitectos, así como a calquera persoa interesada na temática que se vai tratar. Esta xornada desenvolverase o mércores, 25 de abril, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo jornada.movilidad@ames2020.gal Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o programa de dita xornada que se desenvolvera de 10:00 a 19:00 horas aproximadamente.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925