Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Abre o prazo para...


Abre o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas

[22-05-2018] O Concello de Ames abre este luns, 21 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas. Tamén se pode descargar o impreso premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. O único requisito imprescindible para conseguir este carné é estar empadroado no Concello de Ames.

Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, o 15 de xuño, a Concellaría de Deportes abre este luns, 21 de maio, o prazo para facerse co carné de usuario destas instalacións. Para solicitar a tarxeta de usuario é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada orixinal tamaño carné por cada usuario novo ou carné do ano anterior se fose o caso, e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria. Esta última poderá solicitarse de xeito presencial na Casa de Cultura do Milladoiro, na Oficina de Deportes de Bertamiráns, nas oficinas de recadación ou no correo electrónico ames@canaltributos.com

Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de idade, de 7 euros. Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. Neste sentido, o terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Os menores de 4 anos quedan exentos de pago.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925