Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos O edificio multiusos...


O edificio multiusos de Aldea Nova acollerá este xoves, 14 de xuño, as audicións de piano do alumnado da EMMA

[13-06-2018] A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) ofrecerá este xoves, 14 de xuño, unha serie de audicións de piano na Aula 10 do Edificio Multiusos de Aldea Nova. As audicións, que comezarán ás 18:00 horas, teñen como obxectivo que o alumnado da EMMA poida amosar as súas familias e amizades o traballo desenvolvido desde o inicio do curso.

Nestas audicións participará a maioría do alumnado de piano da Escola Municipal de Música de Ames. Algo máis de 30 rapaces e rapazas interpretarán varias obras que van dende pequenos estudios ata algunha adaptación de temas clásicos coñecidos, pasando por algúns ritmos de boogie-woogie, blues ou de bandas sonoras.

A través desta actividade ofrecerase a posibilidade de ver actuar a algún/algunha pequeno/a debutante e tamén ver varias caras coñecidas, que no seu día tamén foron debutantes, pero que ano tras ano foron evolucionando coma músicos. As audicións están abertas a toda a veciñanza de Ames.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925