[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Relaciónate
Avisos
Este xoves, 28 de...
[27-06-2018] O Concello de Ames informa de que este xoves, 28 de xuño, ás 16.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, realizarase o sorteo de prazas da Escola Municipal de Música de Ames nas seguintes modalidade: música e movemento (nados no 2013); guitarra; percusión/batería; violín; frauta traveseira; e canto.
Despois do sorteo, abrirase un prazo de matrícula ata o 6 de xullo para que os alumnos/as que obtiveron praza a confirmen. Terán que efectuar o pagamento do importe da matrícula. Para iso recibirán por correo electrónico (ou poderán pasar pola oficina de recadación do Concello de Ames ou pola oficina da Escola de Música, situada na Casa da Cultura do Milladoiro) a folla de autoliquidación da taxa de matrícula, coa que terán que achegarse a algunha das entidades bancarias correspondentes para facer o ingreso. Unha vez pagada, deberán entregar no rexistro o resgardo de pago da autoliquidación da matrícula.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames