Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos O prazo para...


O prazo para inscribirse nos cursos organizados pola OMIX remata o vindeiro martes, 13 de novembro

[06-11-2018] A oficina municipal de información xuvenil (OMIX) organiza para os meses de novembro e decembro un curso de dinamización de eventos infantís e o ciclo formativo “Máis que 2.0”. Este ciclo está composto por un curso de marca persoal e outro de marketing dixital, ambos destinados a maiores de 16 anos. Para participar en calquera dos tres cursos é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición, dispoñible baixo o apartado de descargas, e unha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal antes do martes 13 de novembro.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925