Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Xa podes reservar...


Xa podes reservar praza para participar na excursión literaria “Viaxando con Rosalía” o vindeiro 23 de febreiro

[15-02-2019] O sábado, 23 de febreiro, realizarase unha excursión poética que incluirá unha visita á Casa de Rosalía na Tarroeira en Ortoño, lugar onde a autora pasou os seus primeiros anos de vida. Alén da parroquia de Ortoño, as persoas participantes tamén visitarán Bastavales, en Brión, onde se atopa a igrexa cuxas campás protagonizaron un dos versos máis soados da autora. Así mesmo, a excursión tamén incluirá unha visita á Casa Museo de Rosalía en Padrón, máis coñecida como "Casa da Matanza". Durante a excursión, a escritora amesá e estudosa da figura de Rosalía de Castro, María López Sández, achegaranos á vida da homenaxeada e á súa obra.

Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal antes do vindeiro xoves, 21 de febreiro. A praza será confirmada a través dun correo electrónico de resposta. O prezo da excursión é de 1,5 euros, a tarifa de entrada á Casa-Museo de Rosalía. O día da excursión, a saída en autobús producirase ás 10:00 horas, no Milladoiro, e ás 10:15h, en Bertamiráns.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925