Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Inscríbete no...


Inscríbete no curso de Enerxías renovables e mantemento de instalacións eléctricas, fontanería e calefacción

[14-03-2019] Dende a Concellaría de Promoción Económica informan de que quedan 7 prazas vacantes no curso de "Enerxías renovables e mantemento de instalacións eléctricas, fontanería e calefacción", que está dirixido a persoas en situación de desemprego dos Concello de Ames e Brión. As prazas para participar neste curso son limitadas. O obxectivo do curso é a preparación dos participantes para que adquiran os coñecementos necesarios que lles permitan instalar, dimensionar e manter instalacións de enerxías renovables (solar térmica), instalacións caloríficas, así como as nocións básicas de mantemento de fontanería e calefacción e instalacións eléctricas.

Os datos do curso son os seguintes:
-Duración: 190 horas + 80 horas de prácticas non laborais en empresas da comarca.
-Inicio: 22 de marzo de 2019.
-Fin: 20 de maio de 2019.
-Horario: De luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
-Lugar de realización: Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames. Urbanización Aldea Nova, rúa Costaneira, 15220, Ames.

As prácticas realizaranse unha vez rematada a formación.

As persoas interesadas poden ampliar a información e solicitar a inscrición chamando aos seguintes números de teléfonos: 663711876, 608459678, 659061376. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo desenvolvementolocal@concellodeames.gal ou inscribirse cubrindo o seguinte formulario: https://goo.gl/forms/R8lDdh0wv4wrVENv2

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925