Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Enquisa sobre as...


Enquisa sobre as escolas deportivas municipais de Ames

[12-04-2019] A Concellaría de Deportes de Ames está realizando unha enquisa entre os usuarios e usuarias das escolas deportivas co obxectivo de coñecer a súa opinión sobre este servizo municipal. A través das dez cuestións que estruturan esta sondaxe búscase coñecer que aspectos son máis sensibles de mellora baixo o punto de vista da cidadanía, así como outras disciplinas que poderían ter demanda no caso de incorporarse á oferta xa existente. Se desexas participar nesta enquisa só tes que imprimir e cubrir a enquisa dispoñible baixo a pestana de descargas deste aviso e, unha vez cuberta, enviala ao enderezo electrónico deportes@concellodeames.gal.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925