Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos O Concello ofrece o...


O Concello ofrece o servizo de transporte adaptado para as eleccións municipais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio

[14-05-2019] O Concello de Ames pon á disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo que se celebran o domingo 26 de maio de 2019. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o xoves 23 de maio, para facer a reserva do servizo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.

O Concello de Ames dispón dun vehículo especialmente habilitado para o transporte de persoas con dificultade de mobilidade e que se atopará o próximo domingo, 26 de maio, a disposición de todos os veciños e veciñas de Ames para facilitar o exercicio do dereito ao voto.

As persoas interesadas en empregar o transporte adaptado municipal, deberán poñerse en contacto cos encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Para facer a reserva do servizo haberá que chamar ata o xoves, 23 de maio, en horario de 9:00h a 14:00 horas. Deste xeito, todas as persoas que teñan dificultade de mobilidade disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.

Con este servizo preténdese unha vez máis facilitar a vida diaria e o exercicio de dereitos, neste caso do dereito democrático ao voto, a todos aqueles veciños e veciñas afectados por unha discapacidade que lles impide o seu desprazamento en vehículo propio ou transporte público non adaptado.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925