Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento debido á celebración da XVIII Carreira Pedestre Popular

[17-10-2017] O Concello de Ames informa que con motivo da celebración da XVIII Carreira Pedestre Popular que se celebrará este domingo, 22 de outubro de 2017, nos arredores da Casa do Concello de Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo), estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo o domingo 22 de outubro, dende as 8:00 horas ata as 15:00 horas.

Aberto o prazo de inscrición para o Nadal Lúdico 2017

[16-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Nadal Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.

Menú da Rede de Comedores Escolares da semana do 16 ao 20 de outubro

[13-10-2017] Menú da Rede de Comedores Escolares da semana do 16 ao 20 de outubro. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Este menú está feito pola nutricionista municipal.

Menú cos almorzos e merendas que se servirán no Bos días Cole e Tardes divertidas do 16 ao 20 de outubro

[13-10-2017] Para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino amienses. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter este menú.

Menús das escolas infantís municipais de Ames do 16 ao 20 de outubro

[13-10-2017] Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús que se servirán nas escolas infantís municipais do 16 ao 20 de outubro. Estes menús están elaborados pola nutricionista municipal.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925