Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Menús das escolas infantís municipais do 13 ao 17 de agosto

[10-08-2018] Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

Horario do mes de agosto dos puntos de asesoramento ao consumidor do Milladoiro e Bertamiráns

[08-08-2018] As oficinas de asesoramento da Unión de Consumidores de Galicia (UGAL) de Milladoiro e Bertamiráns teñen un horario diferente ao habitual neste mes de agosto. A oficina de Bertamiráns (no Pazo da Peregrina) atenderá ás persoas consumidoras os xoves 9 e 16 de agosto, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30 horas. A oficina do Milladoiro (rúa Viorneira, nº6, baixo) abrirá os martes 21 e 28 de agosto, no mesmo horario.

Listas provisionais do programa de conciliación municipal Setembro Lúdico

[06-08-2018] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuaurios/as admitidos/as no programa Setembro Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

A Granxa Escola Kiriko levarase a cabo entre o 28 de agosto e o 2 de setembro

[31-07-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, informa que a Granxa Escola Kiriko se levará a cabo entre os días 28 de agosto e 2 de setembro. Premendo na ligazón que está á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter información detallada sobre esta actividade.

Corte do subministro de auga este xoves, 2 de agosto, de 09.00 a 13.00 horas

[31-07-2018] O Concello de Ames informa de que a empresa Espina & Delfín, concesionaria do servizo do ciclo integral da auga, comunica que debido a traballos de mantemento na rede de abastecemento de auga potable, este xoves, 2 de agosto de 2018, entre as 09.00 e as 13.00 horas, procederase ao corte do subministro de auga, que afectará ao Lugar de Tarrio. Desculpen as molestias que se poidan ocasionar.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925