Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Inscricións na X Travesía a Nado "Praia Fluvial de Tapia"

[05-07-2006] A X Travesía a nado "Praia fluvial de Tapia" terá lugar o domingo 31 a partir das 12 da mañá.

As inscricions poden formalizarse na Oficina de Información Xuvenil en Bertamiráns tlfno. 981 815 801 ou no fax 981 883 925 ata as 14:00 horas do venres 29 de xullo indicando o inscribirse o nome, apelidos, D.N.I. e data de nacemento completa.

A proba está aberta a participación de todos os nadadores federados e non federados que o desexen.

Os clubes ou asociacions poden enviar relación nominal dos participantes con todos os datos requiridos.
Os participantes menores de 18 anos necesitarán aportar unha autorización paterna.
Os dereitos de inscrición son gratuítos.
Aproximadamente media hora antes da saída entregaranse os gorros numerados a cada participante.

Finaliza o prazo de inscrición nas Escolas de Verán

[05-07-2006] O venres, 29 de xullo finaliza o prazo para inscribirse nas Escolas de Verán

As inscricións pódense facer no Departamento de Educación de Bertamiráns.

Aberto o Prazo de inscrición para o Curso de Coidadores de Alzheimer

[05-07-2006] Ata o día 1 de setembro está aberto o prazo de inscrición no II Curso de Coidadores de Alzheimer que organiza a Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais do Concello de Ames, e a Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea).

Os interesados poden inscribirse nos centros socioculturais do Milladoiro e Bertamiráns e no local de Agadea.

Datas do curso: días 5, 6 7, 8 e 9 de setembro en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Matrícula: A matrícula é gratuíta, por orde de inscrición de solicitudes, ata un máximo de 50 prazas. Ao remate do curso entregarase un diploma.

Poderanse informar nos propios centros socioculturais, no servizos sociais municipais, e en Agadea.

A lista de admitidos publicarase o día 2 de setembro.

Aberto o prazo de inscrición para o IV Curso de Manipulador de Alimentos

[05-07-2006] Ata o día 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición no IV Curso de Manipulador de Alimentos que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego do Concello e Ames.

O curso impartirase o 15 de setembro na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 19:00 a 22:00 horas.

O curso será impartido pola empresa "Sanea" e dará dereito a expedición do certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 290/2003.

A inscrición poderase realizar a través do número de teléfono 981 883 002, ou na propia Casa do Concello sita en Bertamiráns.

O prezo do curso é de 20 â?¬, cantidade que deberá ser aboada directamente ó profesor e que se fará efectiva ó do inicio do curso.

Mañá remata o prazo de inscrición para a I Duatlón Popular Concello de Ames

[05-07-2006] A I Duatlón Popular do Concello de Ames celebrarase na área deportiva do Milladoiro o día 12 de febreiro de 2006 a partir das 11 da mañá. A proba inclúe carreiras en bici e carreiras a pé.
Os participantes poden inscribirse chamando ao teléfono 981815801, a través do fax 981883925 ou enviando os datos ao enderezo electrónico: deportes@concellodeames.org . Nas inscricións debe indicarse o nome, o apelido, o DNI, o teléfono e o enderezo de cada participante. No caso dos clubs poden incluír a data de nacemento da entidade.
Admítense inscricións ata as 14:00 horas do venres 10 de febreiro. O día da proba, a organización recollerá as inscricións desde as 10 da mañá nunha oficina habilitada na Casa da Cultura do Milladoiro. Os participantes deben mostrar o seu carné de identidade.
Consulta aquí as categorías, as distancias e as os horarios das probas


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925