Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Listas definitivas de solicitudes admitidas nos servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) para o curso 2018-2019

[01-06-2018] O Concello de Ames informa das listas definitivas de solicitudes admitidas para os servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) de cara ao curso 2018-2019. O prazo de matricula vai do 20 de xuño ao 6 de xullo de 2018. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listas. Para dispor de cita previa para facer a matrícula hai que chamar ao número de teléfono 981 884 991. A matrícula pódese facer na Oficina municipal do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina.

Listas definitivas de admitidos/as no proceso de renovación de prazas nos servizos complementarios (Bos días Cole, Tardes divertidas e Comedores escolares)

[01-06-2018] O Concello de Ames informa de que xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos/as nos servizos complementarios de Educación para o curso 2018-2019. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de admitidos/as nos servizos de Bos días Cole, Tardes divertidas e na Rede municipal de comedores escolares. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a.

O prazo de matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena estará aberto do 1 ao 15 de xuño

[31-05-2018] A Concellaría de Educación informa que do 1 ao 15 de xuño abre o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro. A documentación que hai que cubrir para tramitar a matricula dos nenos e nenas admitidos/as pode recoller nas devanditas escolas, ou tamén se pode descargar premendo na ligazón que está a túa dereita, debaixo o apartado de descargas. Unha vez cubertos todos os impresos hai que presentalos na escola infantil onde se vai a matricular o/a neno/a, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00 horas.

Listas provisionais do programa de conciliación municipal Xuño Lúdico

[29-05-2018] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuaurios/as admitidos/as no programa Xuño Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o. As listas tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

Consulta pública sobre a ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Ames

[22-05-2018] O Concello de Ames informa de que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración da ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas se procede a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 985/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, pontencialmente afectados pola ordenanza que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles, a contar dende o 18 de maio de 2018 e ata o día 7 de xuño de 2018, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica secretaria@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925