Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Menús da Rede de comedores escolares (xantar, almorzo e merendas) da semana do 27 ao 31 de maio

[24-05-2019] Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.

Menú das escolas infantís municipais do 27 ao 31 de maio

[24-05-2019] Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

O equipo xuvenil do Bertamiráns FC “A” disputa este sábado ante o Racing de Ferrol o partido de promoción de ascenso a Liga galega xuvenil

[24-05-2019] Este sábado, 25 de maio, ás 19.30 horas, dispútase no campo municipal de fútbol de Bertamiráns o partido de volta da fase de ascenso á Liga galega xuvenil. O equipo xuvenil “A” do Bertamiráns FC enfróntase ao Racing de Ferrol “B” por unha praza na Liga galega xuvenil para a próxima temporada. O partido de ida xogado no campo da Gándara, en Ferrol, rematou co resultado de 1-0 a favor do Racing de Ferrol. O Bertamiráns FC “A” terá que remontar a eliminatoria e gañar por unha diferencia de dous goles para poder obter o ascenso. Dende o Bertamiráns FC e dende o Concello de Ames anímase á veciñanza de Ames a encher as gradas do campo de fútbol para animar aos rapaces neste importante partido.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue este xoves, 23 de maio, no Milladoiro

[22-05-2019] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este xoves 23 ao Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na rúa da Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro, en horario de 9.30 a 14.30h e de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

Bertamiráns acolle este xoves, 23 de maio, unha nova andaina saudable ao abeiro do programa SaudeAndo

[22-05-2019] Este xoves, 23 de maio, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925