Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

A ANPA Ágora do IES Milladoiro organiza unha reunión informativa sobre as bolsas High School da Fundación Amancio Ortega

[10-10-2017] Será o vindeiro luns, 16 de outubro, no salón de actos do IES do Milladoiro. Entre as 18:00h e as 19:00 horas, abordarase diferente información relativa ás bolsas High School da Fundación Amancio Ortega: dúbidas na toma da decisión, vivencias reais, experiencias sobre o proceso de selección, aprendizaxe...

Aínda hai prazas dispoñibles para o obradoiro de iniciación ao procesador de textos LibreOffice Writer da Aula de Informática do Milladoiro

[10-10-2017] Neste curso, as persoas participantes aprenderán a realizar, entre outras cousas, cartas, cartaces, diplomas, táboas e galerías de Fontwork, así como a engadir imaxes e autoformas e a formatar un parágrafo ou unha páxina. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, o curso desenvolverase os días 16, 18, 23 e 25 de outubro, en dúas quendas (de 10:00h a 11:30h ou de 18:00h a 19:30 horas).

Abre o prazo de inscrición para a XVIII Carreira pedestre Concello de Ames

[06-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para a XVIII Carreira pedestre do Concello de Ames, que se desenvolverá pola contorna da localidade de Bertamiráns o vindeiro domingo, 22 de outubro, a partir das 10:30 horas. Contarse cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O percorrido irá dende os 200 metros ata os 10 quilómetros e haberá un total de 11 categorías.

Este venres, 6 de outubro, estará pechada unha área de aparcamento da rúa Alcalde Lorenzo

[04-10-2017] O Concello de Ames informa, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, que este venres 6 de outubro unha das áreas de aparcamento que se atopa ao carón da rúa Alcalde Lorenzo estará pechada debido a que se van a executar traballos de pintado das prazas de estacionamento. Os veciños e veciñas poderán estacionar na nova área de aparcamento que está ao lado da zona na se van a realizar ditos traballos. Desculpen as molestias.

A biblioteca de Bertamiráns estará pechada os martes de 17.00 a 19.00h durante os meses de outubro, novembro e decembro

[02-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, informa de que todos os martes de 17:00 a 19:00 horas durante os meses de outubro, novembro e decembro, a biblioteca municipal de Bertamiráns estará pechada por motivo da realización de obras no auditorio e polo traslado da actividade de teatro infantil á biblioteca. Permanecerá aberta a sala de lectura. Desculpen as molestias.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925