Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Lista provisional de admitidos no Obradoiro de Emprego 'Cemiterio Municipal II'

[13-12-2005] Acaba de publicarse a lista provisional dos 44 admitidos nos catro módulos do Obradoiro de Emprego 'Cemiterio Municipal II'. A listaxe coas puntuacións pode descargarse premendo na ligazón que hai máis abaixo. No caso de empate entre dous ou máis candidatos, o tribunal aplicou dous criterios:

1º.- Maior tempo transcorrido dende a última inscrición como demandante de emprego.

2º.- Pertencer a algún dos colectivos en risco de exclusión social.

Hai 101 suplentes por se se producisen baixas na lista de admitidos por calquera circunstancia, incluídas as reclamacións. O periodo de reclamacións é desde hoxe ata o sábado, día 17 de decembro.

Ábrese o prazo de inscrición no programa 'Nadal Lúdico'

[23-11-2005] Como en anos anteriores a concellaría de Educación pón en marcha o 'Nadal Lúdico', dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Con este programa preténdese ofertar unha alternativa que ocupe o tempo de lecer dos nenos dun xeito divertido e educativo durante as vacacións. Ademais, o programa tamén permite que as nais e mailos pais concilien a vida laboral e familiar.

O programa desenvolverase os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e tamén do 2 ao 5 de xaneiro de 2005, ambos inclusive. O horario é de 7'30 a 16'00 horas e o servizo poderá solicitarse para o programa completo ou por días soltos.

Os prezos van desde o 1'50 euros por día solto en horario de 9 a 14'00 h. ata os 85 â?¬ do programa completo en horario de 7'30 a 16'00 horas con almorzo e xantar incluídos.

As actividades terán lugar no CEIP 'Bispo Guerra Campos', no IES e no polideportivo de Bertamiráns, así como na casa da Cultura, no CEIP de Ventín e no polideportivo do Milladoiro.

É moi importante ter en conta que o prazo de inscrición comeza o xoves 24 de novembro e remata o venres 9 de decembro. O Concello non admitirá ningunha inscrición fóra dese prazo.

As inscricións poderán facerse nas casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 h. de luns a venres. Os interesados deberán achegar a ficha de inscrición e o resgardo do ingreso na conta do concello.

As bases do servizo, a ficha de inscrición e os datos bancarios poden descargarse aquí mesmo:

Inscricións para a excursión a San Isidro

[17-11-2005] Desde o 14 ata o 25 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar na Excursión Deportiva a San Isidro.
A excursión que inclúe clases de iniciación ao esquí realizarase entre os días 3 e 6 de decembro.
Hai 50 prazas e o custo total da actvidade é de 130 euros.
Para inscribirse nesta excursión é requisito imprescindible estar empadroado en Ames.
Os interesador poden inscribirse na Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de 9 a 14 horas.
Nº de conta: 2091-0317-30-3110000116

Inscricións no III Curso de Viticultura

[17-11-2005] Desde o 15 de novembro está aberto o prazo de inscrición para o III Curso de Viticultura que organiza a Oficina do Voluntariado do Milladoiro, dependente da Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais.
O curso desenvolverase desde o 21 de novembro ata o 30 de marzo, todos os luns de 19 a 21 horas na Casa da Cultura.
Os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura do Milladoiro.
O horario das clases poderá modificarse dependendo da dispoñibilidade dos asistentes.

Inscricións para a Excursión ao Encoro do Con

[17-11-2005] Ata o 18 de novembro está aberto o prazo de inscricións para participar na excursión á Estación hidrolóxica "Encoro do Con" que a Aula da Natureza do Concello de Ames programa para o día 19 de novembro.
A excursión ten como obxectivo principal visitar a exposición "O río Animado" que a Estación Hidrolóxica organiza co gallo da Semana da Ciencia.
Os interesados poden inscribirse na Aula da Natureza â??Concellaría de Medio Ambiente- na Casa do Concello en Bertamiráns. Tamén se poden inscribir nos teléfonos 660 004 665 e 981 88 30 02.
Os autobuses sairán o sábado, día 19, ás 10:30 da Praza do Concello en Bertamiráns e as 10:45 da Casa da Cultura do Milladoiro.
O regreso está previsto para as 13:30 aproximadamente.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925