Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Lista do sorteo da viaxe a Roma

[11-04-2006] O Concello acaba de sortear as 12 prazas que lle corresponden para a viaxe a Roma que organiza a Deputación da Coruña. Na lista -que se pode descargar premendo un pouco máis abaixo- aparecen os 12 rapaces e rapazas que poderán ir a Roma, así como a relación dos suplentes para o caso de que algún cause baixa antes da partida. A listaxe do sorteo celebrado no salón de sesións inclúe tamén o nome da única excluida por non estar empadroada en Ames.

Lista de admitidos nos Cursos de Galego

[11-04-2006] As 60 persoas que se inscribiron para o Curso de Iniciación ao Galego están admitidas e deberán presentarse o mércores, día 19 de abril, ás 20,30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.
Para o Curso de Perfeccionamento presentáronse 40 persoas e só hai dispoñibles 35 prazas polo que a organización se viu obrigada a efectuar un sorteo. Este sorteo realizouse o 11 de abril ás 12 da mañá no salón de plenos da Casa do Concello en presenza da secretaria do Concello e do concelleiro de Cultura e Deportes.
As persoas que non se presenten nas tres primeiras sesións do curso, é dicir nas sesións que se impartan os días 18, 19 ou 20, serán dadas de baixa e procederase a chamar ás suplentes.

Publicada a lista de admitidos/as para a oposición da vacante da asesoría xurídica en urbanismo

[05-04-2006] Acaba de rematar o prazo de presentación de alegacións contra a lista provisional de admitidos e excluídos establecido no apartado 8º das Bases polas que se rexe a convocatoria para cubrir en réxime de funcionario/a interino/a, mediante concurso oposición libre, unha praza de técnico/a de administración xeral para asesoría xurídica de urbanismo vacante na oferta de emprego público deste Concello correspondente ao exercicio 2005.

Unha vez examinadas as alegacións presentadas e efectuados os nomeamentos polos órganos competentes dos membros que formarán parte do tribunal publícase a lista definitiva de admitidos/as.

Menú da Rede Municipal de Comedores Escolares

[04-04-2006] As persoas interesadas poden consultar o menú que se serve na Rede de Comedores Escolares de Ames picando na seguinte ligazón:

Listas de admitidos na Primavera Lúdica

[04-04-2006] Podes consultar aquí as listas de admitidos e admitidas na Primavera Lúdica. Tamén podes obter información sobre o transporte, o comedor, os horarios e os espazos onde se desenvolverá este programa de conciliación da vida laboral e familiar.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925