Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Inscricións para a primavera lúdica

[30-03-2006] Ata o 27 de marzo está aberto o prazo de inscrición no programa Primavera Lúdica, dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos. A actividade enmárcase dentro dos programas de conciliación de vida laboral e familiar que desenvolve a Concellaría de Educación ao longo de todo o ano.
O programa desenvolverase os días 10, 11,12 e 17 de abril en horario de 7,30 da mañá a 16 horas.
Lémbraselles ás familias que o xoves e venres santo, 13 e 14 de abril non haberá actividade.
Os interesados/as poden matricular aos seus fillos nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas e as 17 e as 21.
Haberá servizo de autobuses.
Non se admitirán inscricións fora de prazo.

Aberto o prazo de inscrición para o VI Curso de Manipulador de Alimentos

[29-03-2006] Ata o día 5 de abril está aberto o prazo de inscrición na sexta edición do Curso de Manipulador de Alimentos que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Emprego do Concello e Ames.

O curso desenvolverase o día 6 de abril na casa da Cultura do Milladoiro entre as oito do serán e as once da noite.

A actividade formativa impartiraa a empresa "Sanea" e dará dereito a expedición do certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 290/2003.

Este curso ten un custe de 20 euros e haberá que achegar unha fotografía de carné e tamén unha copia do DNI que se lle entregará ao profesor/a no intre de comezar o curso.

A inscrición poderase realizar a través do número de teléfono 981 883 002, ou na propia Casa do Concello en Bertamiráns.

Menú da Rede Municipal de Comedores Escolares

[28-03-2006] As persoas interesadas poden consultar o menú que se serve na Rede de Comedores Escolares de Ames picando na seguinte ligazón:

Aberto prazo de inscrición para os Cursos de Lingua Galega para adultos

[24-03-2006] Ata o 10 de abril está aberto o prazo para inscribirse nos Cursos de Lingua Galega para Adultos que se desenvolverán desde o 19 de abril ata o 26 de xuño no caso do Curso de Iniciación e desde o 19 de abril ata o 13 de xuño no caso do Curso de Perfeccionamento. A inscrición pode facerse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de 9 a 14 da mañá.
Os cursos están organizados pola Concellaría de Cultura de Ames, a través do SNL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As listaxes de persoas admitidas nestes cursos poderán consultarse nos taboleiros municipais (Casa do Concello de Bertamiráns, Oficina Municipal do Milladoiro e Casas da Cultura) e na páxina web do concello (www.concellodeames.org) a partir do 11 de abril de 2006.

Consulta as datas concretas na seguinte ligazón

Inscricións para acudir ao encontro Xuventude Galicia Net 2006

[23-03-2006] Ata o día 6 de abril está aberto o prazo de inscrición para facerse con unha das 100 prazas que a Concellaría de Mocidade oferta para acudir ao encontro Xuventude Galicia Net 2006.
Os mozos e mozas que asistan ao encontro a través da Concellaría de Mocidade de Ames disporán de servizo de autobús con paradas en Bertamiráns e no Milladoiro, seguro de viaxe e unha visita guiada á esta feira das novas tecnoloxías.
Poderán inscribirse os mozos de entre 10 e 30 anos que estean censados no Concello.
A Concellaría oferta un total de 100 prazas. No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase ao remate do prazo de inscrición, un sorteo público perante a Secretaria do Concello.
Os interesados e interesadas deberán entregar a solicitude no propio Concello ou na oficina municipal de O Milladoiro, cubrindo a ficha anexa ao tríptico editado. Estes trípticos poderán obterse no Concello ou picando na seguinte ligazón.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925